CRTVG

Buscar

Atopan dous cadáveres con disparos de escopeta no interior dun turismo en Mallorca

Publicado o 15/10/2020 20:34
Atopan dous cadáveres con disparos de escopeta no interior dun turismo en Mallorca

A Garda Civil investiga a morte dun home e unha muller cuxos cadáveres foron atopados con disparos de escopeta no interior dun turismo.

Os feitos ocorreron no municipio mallorquino de Calvià. Tras recibir un aviso de que se escoitaran disparos na parte traseira dunha gasolineira, as patrullas desprazáronse ata o lugar.

Alí atoparon os corpos sen vida no interior do coche, onde tamén estaba a arma da que, aparentemente, ambos recibiron disparos.

Os axentes que investigan o suceso barallan as hipóteses de que o home disparase contra a muller e logo se quitase a vida ou que ambos cometesen suicidio de mutuo acordo.

Noticias web

15/10/2020