CRTVG

Buscar

Atopados once migrantes agochados nun camión de Lugo que ía ao Reino Unido

Publicado o 29/10/2019 19:37

Un camioneiro de Lugo evita unha traxedia. Parou co seu camión en Francia, pero o que non sabía é que nesa parada subiron ao seu vehículo e acubilláronse nel once emigrantes marroquís. Unha situación perigosa tanto para os inmigrantes como para o condutor .

Un camioneiro de Lugo atopou de casualidade no seu camión once inmigrantes que trataban de cruzar de Francia ao Reino Unido. As mafias aproveitan os transportes internacionais para coar inmigrantes. Neste caso, as vítimas pretendían viaxar a catro graos de temperatura poñendo en perigo as súas propias vidas. O camioneiro pode verse implicado nun delito por estes feitos. 

Xosé Fernández, vicepresidente de Tradime: "Podes pasar a noite no calabozo ou considerado partícipe dos feitos, aínda que descoñezan que lles entrou xente no camión".

Outro dos problemas que presenta esta situación é a perda da mercadoría pola rotura da cadea de frío, segundo os camioneiros. 

Xosé Fernández, vicepresidente de Tradime: "Os seguros non se fan cargo dela e o transportista non cobra a mercadoría porque non chega a destino".

Os camioneiros afectados pensan que a única solución é atallar o traballo das mafias que se lucran con estas situacións.

 

Noticias web

29/10/2019