CRTVG

Buscar

Atopado un corpo sen vida nunha caseta de socorrismo dunha praia de Cangas

Publicado o 23/09/2020 17:56
Atopado un corpo sen vida nunha caseta de socorrismo dunha praia de Cangas

O corpo sen vida dun home foi encontrado no interior dunha das casetas de socorrismo da praia de Rodeira, situada en Cangas.

En concreto, ao redor das 14:30 horas deste mércores, o 112 Galicia foi alertado do descubrimento do corpo por efectivos de Protección Civil da localidade, que foran requiridos pola Policía Local para trasladarse ao lugar.

Así, o servizo de Emerxencias deu aviso do ocorrido á Garda Civil, que se desprazou á zona, a onde tamén acudiron os servizos sanitarios, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Posteriormente, a Garda Civil contactou co 112 Galicia para confirmar que a persoa atopada falecera.

Fontes da Benemérita explicaron que era un home de 59 anos da localidade, aínda que sen domicilio coñecido.

Esta persoa adoitaba durmir na caseta onde foi atopado o seu corpo, que non presenta signos de violencia.