Atopado un ancián que marchara da casa ao mencer
Publicado o 31/12/2019 18:55
Imaxes do final feliz dunha historia que mantivo en vilo o corazón dos familiares e amigos deste home, un veciño da aldea luguesa da Esperante que desapareceu do seu domicilio esta madrugada.
É o momento no que a patrulla da Policía Local de Lugo o devolve á súa familia.
Estupefacción e incredulidade da filla e veciños ao ver que este home de 83 anos estaba de novo no seu fogar. O nariz algo mancado e os pantalóns rotos. Polo resto está ben. Na súa busca colaboraron veciños e os corpos de seguridade que empregaron drons para a localización.
A noticia de que o ancián xa estaba na casa foi devolvendo aos veciños que colaboraron na súa busca.
Esta Noitevella na Esperante teñen moito que celebrar.