CRTVG

Buscar

Aterran en Madrid varios galegos repatriados desde Ecuador

Publicado o 30/04/2020 09:06

Fernando e Juan son galegos, levan catro anos traballando en Quito. Despois de corenta días confinados na casa, por fin viaxan de volta a Galicia. Aseguran que tiveron que insistir moito no consulado para que lles xestionasen a viaxe a España.

No aeroporto de Quito está tamén René. Conta que vive no Milladoiro e di que foi moi complicado conseguir a praza de volta a Galicia.

O avión cos españois repatriados desde Quito a Madrid, con escala en Guayaquil, ten previsto chegar a España o xoves ás dez da mañá.

Noticias web

30/04/2020