Atenden en Foz unha muller tras ser picada por unha avespa asiática
Publicado o 12/05/2020 14:15
Unha veciña de Foz tivo que ser atendida nas urxencias do hospital da Mariña despois de que a picara unha avespa asiática.
A muller, cuxa vida non corre perigo, estaba rozando cando topou niño de velutinas na raíz dun pexegueiro. Foi a urxencias or temor a ser alérxica ao veleno.
O Concello mobilizou o servizo de Protección Civil, que eliminou o avespeiro. O pasado domingo, un veciño de Santiago morreu a consecuencia dunha picada semellante.