Atención primaria e hospitais coordínanse para facerlle fronte á gripe
Publicado o 04/10/2019 14:42
As áreas sanitarias de Galicia prepáranse para facerlle fronte á gripe. A partir do vindeiro luns poderán vacinarse xa os profesionais sanitarios, e unha semana despois comezará a campaña para a poboación, con 615.000 doses preparadas.
Ademais, ponse en marcha a coordinación dos distintos departamentos implicados na atención á gripe para axilizar a actividade asistencial se houbera un aumento de pacientes.