CRTVG

Buscar

As obras de mellora na N-VI provocan importantes atascos en Perillo

Publicado o 07/06/2021 14:35

Longas ringleiras e retencións para entrar e saír da Coruña pola Nacional Sexta. A culpa téñena estas obras no cruzamento de Sol e Mar, en Perillo, polo que acotío discorren arredor de 100.000 coches.

A día de hoxe, o peor é nas horas punta. Os condutores din que teñen que saír da casa, polo menos, media hora antes se non queren chegar tarde. Porén non só os condutores sofren estas melloras. Os comerciantes aseguran que tamén lles afectan os seus negocios.

E a todo isto súmase que o actual cambio de sentido que hai á altura de Tráfico está pechado e non se pode utilizar, polo que este caos circulatorio aumenta aínda máis.

Noticias web

07/06/2021