CRTVG

Buscar

Ataque vandálico contra uns petróglifos en Campo Lameiro

Publicado o 24/03/2021 21:05

Resistiron 4.000 anos protexidos pola natureza, pero os vándalos do século XXI poden estragar para sempre os gravados na pedra que fixeron os primeiros habitantes destas terras.

Este conxunto da Laxe da Rotea de Mendo está datado na Idade do Bronce, arredor de dous mil anos antes de Cristo e ata os anos 80, pero do século XX, foi a representación máis importante e tamén máis coñecida dun cervo neste concello de Campo Lameiro, un dos centros de arte rupestre máis importantes de Europa.

Non é doado albiscar a escea que representa un cervo de grande tamaño bruando pola femia. A inclinación do sol e o brillo da pedra inflúen na lectura dos petróglifos.

O concello de Campo Lameiro denunciou estes estragos e pide a colaboración cidadá para dar cos autores deste atentado á estación rupestre.

Noticias web

24/03/2021