Atácao cun desaparafusador nun bar de Vigo ao confundilo o agresor co amante da muller
Publicado o 12/08/2021 15:30
Alejandro aínda está moi tocado tanto física como psicoloxicamente, pero véndoo con perspectiva dá grazas por estar vivo. Nunca pensou que con 76 anos ía protagonizar un suceso como o acontecido o martes nunha cafetería de Vigo. Ás doce do mediodía estaba tomando unha consumición na terraza cando outro septuaxenario o agrediu cun desaparafusador.
Afortudamente, as feridas non afectaron ningún órgano vital. A rápida reacción dos clientes e do dono da cafetería evitaron a traxedia. As primeiras hipóteses apuntan aos celos como causa da agresión.
Nun primeiro momento o agresor conseguiu escapar, pero pouco despois foi detido pola Policía Nacional no seu domicilio. Xa pasou a disposición xudicial acusado dun presunto delito de lesións graves.