Desde mediados de maio e ata o 15 de setembro hai barcos diarios ás illas Cíes
Desde o sábado pasado ata a fin da temporada alta, o 15 de setembro, haberá a diario pasaxes para as illas Cíes. Con e sen pandemia, porque pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, a cota máximo diaria é de 1.800 visitantes. Mar de Ons inaugurou a tempada 2021, a segunda co coronavirus, con 500 pasaxeiros esta fin de semana.
Porque este domingo algúns estudantes de Erasmus decidiron coñecer a praia de Rodas, que The Guardian catalogou como a máis fermosa do mundo. Tamén moitos turistas doutras comunidades autónomas españolas. 45 minutos de travesía atlántica, hoxe algo movida, vendo bateas, veleiros... "e velaí a praia de Rodas", a que parece caribeña ata que un mete a fondo os pés nunha auga case glacial.
Ata a vindeira fin de semana ninguén pode durmir na illa, no seu cámping. Hoxe pode percorrerse a pé, coa máscara posta, e fotografarse sen apenas ruído.
E marcha a xente e a illa queda agardando novas quendas doutros turistas porque ata setembro todos os días hai barco ao paraíso.