CRTVG

Buscar

Ata 6 puntos por manexar o móbil na nova lei de tráfico

Publicado o 30/09/2021 15:00

Este xesto vainos custar desde agora ata seis puntos do noso carné de conducir, o dobre do actual. É unha das grandes novidades da nova Lei de Tráfico que chega ao Congreso dos Deputados e que ademais eleva de tres a catro puntos a sanción por non levar o cinto ou non ter instalados os sistemas de protección necesarios, como os asentos infantís.

Moitos condutores ven ben este endurecemento. Tamén hai quen cre que hai outras prioridades para mellorar a seguridade viaria. 

Ademais a lei sancionará con 200 euros e tres puntos os condutores que leven instalados detectores de radar. Desde a DXT ven eficaces este tipo de medidas.

Por outra banda, a lei mantén a posibilidade de superar en 20 quilómetros o límite da vía cando adiantemos outros vehículos en estradas convencionais. 

A obriga de levar casco nos patíns eléctricos non está nesta lei, pero será aprobada a curto prazo.

Noticias web

30/09/2021