CRTVG

Buscar

Ata 200 actividades e experiencias dende hoxe ata o domingo en Xantar

Publicado o 06/02/2019 20:57

Probar máis de 140 caldos das cinco denominacións de orixe galegas é posible no túnel do viño de Xantar. Expourense foi hoxe tamén lugar de encontro de blogueiros gastronómicos e turísticos. Ata 200 actividades e experiencias dende hoxe e ata o domingo en Xantar. E, como non, restaurantes, ata 20 menús entre os 15 e os 39 euros.

Xantar é o único salón internacional que hai en España de turismo gastronómico, un sector que cada ano ten un papel máis importante na dinamización da economía.

A gastronomía e o viño é, segundo o Instituto para a Calidade Turística, algo que move xa sete de cada dez turistas á hora de escoller destino.

Noticias web

06/02/2019