CRTVG

Buscar

Asturias pon en marcha o AutoVac, que pemite a vacinación de grandes dependentes dende o coche

Publicado o 18/02/2021 14:04

Asturias pon en marcha o AutoVac. Trátase dun sistema de vacinación áxil, dirixido principalmente a grandes dependentes e coidadores.

Os usuarios reciben unha citación telefónica, acoden no seu vehículo ao lugar indicado e sen baixar do coche reciben a vacina. Só na primeira xornada foron vacinadas preto de 170 persoas.

Asturias tamén vacina os grandes dependentes, que non poden desprazarse, nos seus domicilios.

 

Noticias web

18/02/2021