Asturias pídelles aos cidadáns o autoconfinamento, mentres o Goberno solicita disciplina
Asturias propón franxas horarias por idades para saír á rúa de forma segura, e recoméndalles á poboación que se autoconfine nos seus domicilios. Faino tras reclamar esa medida, xunto con Ceuta e Melilla, no Consello Interterritorial. Algo que polo momento o Goberno rexeita, ao tempo que pide disciplina no cumprimento das medida actuais.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, di que España ten "unha estratexia nacional con indicadores comúns, avaliación regular... entre tanto temos 6 meses en que necesitamos a mesma disciplina que amosamos na primeira onda".
En Cataluña, a expansión do virus comeza a frearse, pero con todo nas últimas 24 horas a comunidade rexistrou máis de 5.000 novos contaxios e 66 falecementos. Por iso o toque de queda decretado na comunidade se estenderá 15 días máis.
Alba Vergés, conselleira de saúde da Generalitat, di que a comunidade está en "fase de mitigación", e di que "hai que dar tempo a que as medidas funcionan, e non hai que avanzar a novos escenarios nin de confinamento domiciliario nin outros".
Ante a proximidade da ponte da Almudena, Madrid pecharase de novo perimetralmente durante 96 horas, dende esta medianoite ata o martes.
A Rioxa tamén amplía o seu peche perimetral ata o día 29 e Castela-A Mancha ata o 16.