Aspronaga recibe o primeiro "sofá máis caro do mundo"
Aspronaga ten un sofá único, capaz de sentar xuntos soñadores e facedores de soños. "A idea é que persoas con discapacidade intelectual verbalicen desde o sofá os seus desexos. Despois buscaremos persoas que poidan axudalos a facelos realidade", comenta o director de ocio de Aspronaga, Iago Menduíña.
Eses encontros grabaranse e editaranse en forma de pequenas reportaxes. Despois virá unha campaña de crowfunding para tratar de que todos os anhelos que aflorarán no sofá acaben sendo unha realidade.
A iniciativa de Aspronaga chámase "Un sofá para soñar" e é a continuación do proxecto de Gergely Oroszki, un voluntario que deseña dez sofás para dez causas, para dez entidades que miran o mundo desde a perspectiva da igualdade e da xustiza social. "Intento que se vexa que podemos facer algo distinto, que a xenta traballando xunta pode facer algo moi bonito e axudar persoa que o necesitan", explica.
Este é o primeiro dos dez sofás. Cando estea cargado de desexos e de soños será vendido nunha poxa.