CRTVG

Buscar

Aspas, entre tres e catro semanas de baixa

Publicado o 04/01/2021 21:17

Coudet: "Imos enfrontar algunhas dificultades ás que non estamos afeitos, como o terreo de xogo"

O internacional español Iago Aspas estará de baixa "entre tres e catro semanas" despois de que a ecografía á que se someteu este luns revelase que sofre unha "rotura fibrilar no bíceps femoral dereito", informou o Celta de Vigo.

O máximo goleador de LaLiga Santander con nove tantos, os mesmos que Gerard Moreno, caeu lesionado no partido do pasado sábado contra o Real Madrid, e como mínimo perderase os próximos encontros ligueiros contra Betis, Eibar e Granada.

Coudet e o Celta afrontan un gran reto pendente, gañar sen Iago Aspas. A eliminatoria de Copa en Eivissa ten esa dificultade e algunha outra: é un campo con herba sintética. Coudet: "Imos enfrontar algunhas dificultades ás que non estamos afeitos, como o terreo de xogo".

En Eivisa pode debutar a nova fichaxe, o defensa Aaron Martín, convocado por primeira vez. Igual que outros tres xogadores do filial. Descansan Hugo Mallo e Murillo.

O venres visita Balaídos o Vilarreal. A derrota do sábado co Real Madrid foi a primeira tras seis partidos oficiais e o Celta non quere perder o costume de gañar. Coudet: "Non nos gusta perder, como pasou en Madrid. Sempre hai que volver acostumarse ós bos resultados. Iso é o que imos buscar".  En Eivisa tampouco estará Nolito, goleador na Liga e na Copa.

Outra baixa contra o Vilarreal. Quen albisca o seu regreso é Kevin Vázquez. Ao lateral xa se lle viu adestrar co resto do equipo.

Noticias web

04/01/2021