CRTVG

Buscar

Así traballan os Reis Magos do rural de Cualedro

Publicado o 04/01/2019 14:46

Andan afanados en Cualedro porque esta será unha das primeiras paradas que fagan os Reis Magos o seu paso por Galicia. Dende hai anos, xa de mañá, aproveitan a feira do cinco de xaneiro para percorrer a vila e unha vintena de aldeas do municipio.

E como non vai facer ilusión darlles a benvida as súas maxestades. Por iso, dende hai días aquí todas as mans son poucas para que todo esté a punto. Os que hoxe traballan arreo tamén estarán na cabalgata mañá para que non haxa imprevistos.

En Cualedro hai xa case unha década que decidiron recuperar a tradición da cabalgata de Reis. O mellor é que a participación medra cada ano de xeito proporcional a ilusión de grandes e pequenos.

Os Reis Magos non queren deixar recuncho do concello sen visitar así mañá achegaranse tamén ata a residencia da terceira idade e mesmo a casa niño de Cualedro. Xa saben vaian preparando os zapatos que as súas maxestades xa están de camiño.

Noticias web

04/01/2019