Así traballan as asesoras covid da Federación de Hostaleiros de Pontevedra
Publicado o 20/08/2020 14:08
Achéganse aos establecementos e fan un amplo cuestionario aos responsables e tamén escoitan as súas suxestións ou danlles algúns consellos.
Malia o estrés e o traballo dos hostaleiros neste tempo, a maioría deles fan inxentes esforzos para coidar a saúde dos consumidores.
Itsaso e Luísa levan medio cento de visitas e o seu balance é moi satisfactorio. Todos son conscientes de que paga a pena facer un esforzo para non quedar tamén sen bares.