Así será a Primeira Federación
Publicado o 15/04/2021 21:28

Xa temos formato para esa nova división do fútbol español chamada Primeira Federación, que vén substituír a Segunda B como a terceira categoría nacional. Estará conformada en dous grupos de 20 equipos cada un, distribuídos por criterio xeográfico. Ascenden directamente á Segunda o primeiro clasificado de cada grupo e promocionan os catro seguintes, con cruzamentos entre os dous grupos. De aí sairán os outros dous ascensos. Baixan os cinco últimos de cada grupo tamén. Os clubs deberán presentar un aval mínimo de 200.000 euros, dispoñer de campo con céspede natural, acollida de catro mil espectadores e boa iluminación.