CRTVG

Buscar

Así se preparan as escolas infantís para reabrir o 1 de setembro

Publicado o 20/08/2020 15:09

O 1 de setembro abren as escolas infantís privadas e o día 4 farano as públicas. E aos nervios de sempre súmanse este ano preocupación e alivio a partes iguais. 

A pesar da preocupación que poidan sentir os pais pola situación sanitaria, son moitas as familias que agardaban esta apertura como auga de maio.

A entrada gradual dos nenos é un dos aspectos do novo protocolo en que máis inciden desde as escolas, para o que organizarán quendas de entrega.

Ademais retíranse aqueles xoguetes que supoñen máis risco por ser compartidos e organízanse os outros en gabetas para desinfectalos unha vez usados. E haberá máscaras para os traballadores, grupos pechados e calzado propio para o centro.

Desde cada escola enviarán ás familias o seu propio plan de seguridade.

A pesar das dificultades, os centros tentarán manter o espírito familiar e confían en que os máis pequenos sexan, unha vez máis, os que dean unha lección aos adultos.

 

Noticias web

20/08/2020