CRTVG

Buscar

Así se librou a batalla pola segunda praza concello a concello entre BNG e PSdeG

Publicado o 14/07/2020 20:34
Así se librou a batalla pola segunda praza concello a concello entre BNG e PSdeG

O BNG conseguiu ser a segunda forza política en Galicia, pero non en todos os concellos obtivo máis votos que o PSdeG-PSOE. O Bloque conseguiu ser a forza política máis votada en seis municipios e os socialistas alzáronse coa vitoria en nove, pero no cómputo global o BNG tivo máis sufraxios que o PSdeG en 189 concellos (incluídas as sete cidades agás Vigo). Nos outros 124, os socialistas superaron o Bloque. Velaquí o mapa.

No conxunto de Galicia, o PP foi primeira forza, o BNG segunda e o PSdeG terceira. Pois ben, ese esquema repetiuse na gran maioría dos concellos, concretamente en 182. En 115, o PP foi o máis votado, despois quedou o PSOE e en terceiro lugar o Bloque.

Sempre que o Bloque ou o PSdeG gañaron nun concello, o PP foi a segunda forza política. E hai un caso curioso. Só houbo un concello en que se coou no podio un partido "minoritario". En Piñor, gañou o PP, o terceiro posto foi para o BNG, pero o segundo foi para a coalición Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes, do ex-secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez.

E cales foron os concellos onde máis éxito tivo o BNG? E nos que menos? Aquí está a lista

E estes foron os municipios con maior e menor porcentaxe de voto para os socialistas

Volve confirmarse que os alcaldes tiran moito do voto para os seus partidos. Máis información e máis resultados das eleccións autonómicas do 12 de xullo, aquí.