Así funciona o servizo de hemodinámica no CHUO
Publicado o 20/01/2020 15:00
Chámanlle cardioloxía intervencionista, é o que se coñece como cateterismos. Algúns coma este son programados, outros chegan aquí despois dun infarto agudo de miocardio.
O servizo de hemodinámica fai intervencións coronarias e implantes de 'stends' en pacientes con cardiopatías agudas. Aquí o tempo de resposta é fundamental.
As intervencións apenas son invasivas, o que facilita o tratamento do paciente. Dende o servizo de hemodinámica lembran a importancia de avisar os servizos de urxencias en canto se perciben os primeiros síntomas.