CRTVG

Buscar

Así foi o traslado das vacinas ata Galicia

Publicado o 27/12/2020 13:26

As vacinas chegaban á Residencia compostelá Porta do Camiño en tres caixas. Pero antes diso houbo moita actividade previa.

O transporte procedente de Guadalaxara entraba en Galicia de madrugada pola A-52.

Oito e media, Instalacións de Biorepós de Compostela, a policía autonómica agarda polo envío.

Outro escenario: nove e cuarto, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Alí os equipos médicos destinados a vacinar agardan o seu traslado a residencia de Porta do Camiño

En concreto trasladan dous equipos de dúas persoas. Yolanda por exemplo, vén do centro de saúde de Melide para este traballo.

Co equipo médico na residencia, a vacina estaba a piques de chegar ás dependencias de Biorepós. Ás dez e dez da mañá, no interior, faise o cambio de custodia do goberno estatal ao autonómico.

E nun transporte diferente, a vacina transita polas rúas de Compostela cara a Residencia de Porta do Camiño. Son as dez e corenta da mañá.

Noticias web

27/12/2020