CRTVG

Buscar

Así está engulindo a lava a illa da Palma

Publicado o 21/09/2021 16:34

A lingua de lava do volcán de Cumbre Vieja non deixa de avanzar. Faino máis lentamente, pero devora todo o que hai no seu camiño. 

Xa son 9 as bocas do volcán, tras abrirse unha nova fisura nas últimas horas. A lava cobre xa 106 hectáreas de terreo, mentres os equipos forestais, vixían a aparición de posibles incendios, como explica un axente forestal galego destinado na illa.