Así é o mapa de restricións en vigor
• O domingo actualízase o mapa de restricións de novo

As localidades de Cambados, Vilanova de Arousa, Laza e Cualedro están xa en nivel máximo de restricións pola covid−19. Nestes municipios, os veciños non poden saír salvo causas xustificadas, a hostalaría permanece pechada e están prohibidas as reunións de non convivientes.
O pasado martes tamén se determinou que A Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha pasasen ao nivel alto, o seguinte con maiores restricións.
Ademais, as medidas do nivel medio son de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas,O Porriño, Tui, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. Ademais, entre estes municipios está Vigo, a única do sete grandes cidades galegas neste nivel de restricións.
Pola súa banda, no resto dos concellos galegos están vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
A partir do domingo, coa fin do estado de alarma, non só cambia tamén o mapa de restricións, senón que se actualizan as medidas en toda a comunidade.