Ascenden a 979 os casos da covid-19 nas residencias de maiores de Galicia
Publicado o 03/11/2020 21:45
Seguen aumentando os casos de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia. Hai 679 casos activos. Deles 432 son usuarios e 247 traballadores.
O maior gromo continúa sendo o da residencia de Barbadás, con 124 afectados entre anciáns e empregados.
Tamén hai máis de 100 casos no xeriátrico de Salvaterra de Miño e preto de 80 na residencia DomusVi de Ribadumia.