O terremoto nas costas do Exeo deixa uns 900 feridos e 60 cadáveres
Publicado o 01/11/2020 15:44
Os equipos de rescate seguen á busca de desaparecidos no terremoto que afectou o vernes as costas do Exeo.
Xa se contabilizaron 60 mortos, dous deles na illa grega de Samos e o resto, na cidade turca de Esmirna, a máis afectada. Alí calculan que pode haber aínda unha trintena de persoas baixo os cascallos. O sismo deixou arredor de 900 feridos, unha decena están en coidados intensivos.