CRTVG

Buscar

Ascenden a 42 os mortos polas fortes chuvias en Alemaña

Publicado o 15/07/2021 17:14
Ascenden a 42 os mortos polas fortes chuvias en Alemaña

Polo menos 42 persoas morreron e hai unhas 70 desaparecidas por mor das chuvias torrenciais e inundacións rexistradas durante as últimas horas no oeste de Alemaña, segundo confirmaron as autoridades do país europeo. A Policía informou de que polo momento son 18 os falecidos no distrito de Ahrweiler, situado en Renania-Palatinado, mentres que ata 70 persoas continúan en paradoiro descoñecido na zona, onde se derrubaron seis casas polas fortes choivas.

A chanceler alemá Angela Merkel dixo estar en "shock" tras coñecer as noticias sobre "o grande alcance" da "catástrofe". "A miña simpatía vai coas familias dos falecidos e desaparecidos", manifestou, segundo unha mensaxe difundida por unha portavoz a través de Twitter.  

Noticias web

15/07/2021