CRTVG

Buscar

Ascenden a máis de 1.400 os mortos tras o terremoto en Haití

Publicado o 16/08/2021 22:57
EFE

A cifra de mortos polo terremoto que sacudiu o sábado pasado o suroeste de Haití chegou a 1.419 persoas, segundo anunciaron este luns as autoridades do país. O tremor de terra de magnitude 7,2 tamén causou polo menos 6.900 feridos, segundo o balance oficial anunciado este luns por Protección Civil. O potente sismo tamén destruíu preto de 37.300 vivendas e causado danos estruturais noutras 46.000 e en 25 centros médicos, e afectou a preto de 60.000 familias, segundo as autoridades.

Os hospitais da cidade de Les Cayes están saturados pola avalancha de feridos. Os feridos con fracturas que non revisten gravidade tiñan que agardar a ser atendidos fóra do hospital, á espera de que cheguen á zona nas próximas horas as choivas da depresión tropical Grace, cuxos efectos xa senten en Puerto Príncipe, no leste do país.

 

 

 

Noticias web

16/08/2021