CRTVG

Buscar

Ascende a dez casos o brote de Betanzos, tras confirmarse un novo positivo

Publicado o 17/07/2020 12:16
Ascende a dez casos o brote de Betanzos, tras confirmarse un novo positivo

O brote de coronavirus xurdido no concello coruñés de Betanzos ascendeu este venres a dez casos, tras confirmarse un novo positivo nas últimas horas.

Este xoves fixéronse 60 PCR co resultado dun único positivo no punto que se puxo en Betanzos para axilizar e facilitar as probas.

Tras detectar esta semana catro casos familiares conviventes controlados, illados e seguidos polo seu médico, e outros dous que non teñen vínculo con esta familia, tamén conviventes controlados e seguidos polo seu médico de cabeceira, o mércores fixéronse 75 PCR, das cales tres deron positivo.

Os catro detectados nestas últimas 48 horas non están vinculados coa familia.

Unha vez testada a contorna laboral e de lecer das persoas con probas con resultado positivo, séguese rastrexando todos os contactos estreitos e facendo estudo dos mesmos.