CRTVG

Buscar

Ascende a 85 o número de mortos pola chuvia en Minas Gerais, no Brasil

Publicado o 27/01/2020 18:58
Ascende a 85 o número de mortos pola chuvia en Minas Gerais, no Brasil

O número de mortos pola forte choiva que castiga desde o xoves o estado brasileiro de Minas Gerais (sueste) chegou a 45 e o de municipios declarados en estado de emerxencia a 101, segundo informaron este luns fontes oficiais.

De acordo co boletín divulgado pola Defensa Civil de Minas Gerais, o segundo estado máis poboado de Brasil, os fortes temporais deixaron 45 mortos, 18 desaparecidos, 13.887 desaloxados e 3.354 acomodados en aloxamentos improvisados en escolas e ximnasios públicos.

A redución da intensidade da choiva o domingo e este luns permitiu que os bombeiros concentraran o seu traballo na procura de persoas declaradas desaparecidas despois de que as súas vivendas fosen sepultas por corrementos de terras.

A situación provocada polos temporais obrigou ao goberno rexional de Minas Gerais a declarar a situación de emerxencia en 101 municipios afectados pola choiva, en tanto que tres cidades -Catas Altas, Ibirité e Orizania- declaráronse en estado de calamidade pública. 

Noticias web

27/01/2020