CRTVG

Buscar

Ascende a 58 o número de infectados no gromo de Arteixo

Publicado o 07/08/2020 17:37
Ascende a 58 o número de infectados no gromo de Arteixo

O gromo de coronavirus vencellado a un ximnasio da parroquia de Meicende, no concello coruñés de Arteixo, suma xa un total de 58 positivos tras dous novos casos nas últimas horas, segundo informa o Sergas.

O gromo, o maior de Galicia, foi localizado en Meicende e expandiuse a zonas da Coruña e Cee, indica o Sergas. Sinala que levou a cabo este xoves un total de 479 probas PCR a persoas para detectar se teñen infección.

As autoridades detectaron tamén algún caso relacionado con familiares de infectados con anterioridade e algún caso illado de contaxio. Trátase do gromo de maior magnitude actualmente en Galicia, despois do rexistrado na comarca lucense da Mariña que se atopa controlado.

Máis sobre Arteixo