CRTVG

Buscar

Asasinan un sacerdote en Francia e entrégase polo crime o acusado do incendio da catedral de Nantes

Publicado o 09/08/2021 20:08
Asasinan un sacerdote en Francia e entrégase polo crime o acusado do incendio da catedral de Nantes

Asasinan un sacerdote católico nunha vila da rexión francesa de Vendée. O presunto autor parece ser o ruandés acusado de causar o incendio na catedral de Nantes hai un ano.

O home, de 40 anos, que ten problemas psiquiátricos, acabou por entregarse á policía. Polo momento descoñécese o móbil do crime, pero a Fiscalía xa abriu unha investigación por homicidio involuntario. Desbotan a hipótese dun acto terrorista.

Noticias web

09/08/2021