CRTVG

Buscar

Asasinada unha muller en Málaga pola súa parella, que despois se suicidou

Publicado o 15/07/2021 12:59
Asasinada unha muller en Málaga pola súa parella, que despois se suicidou

Unha muller de 46 anos foi asasinada esta mañá en Málaga pola súa parella, que despois se suicidou.

O crime aconteceu pouco antes das nove da mañá ás portas dun colexio onde a muller traballaba no servizo de limpeza. Todo indica que o home, de 55 anos, se achegou a ela e lle disparou cunha escopeta. Posteriormente pegouse un tiro coa mesma arma.

A policía confirmou que non había denuncias de malos tratos e que a parella convivía desde había dous anos.

Noticias web

15/07/2021