CRTVG

Buscar

Asasinada pola súa parella unha muller de 41 anos en Guadalaxara

Publicado o 30/05/2021 12:18

 

 

Unha muller de 41 anos morreu esta noite na localidade de Alovera, en Guadalaxara, tras ser atacada pola súa parella cunha arma branca. A Policía Local detivo o home, suposto autor do crime, pouco despois do suceso do que el mesmo deu aviso aos servizos de emerxencia.

Todo sucedeu pouco antes da medianoite. O concello de Alovera convocou para este mediodía un minuto de silencio de condena e repulsa polo asasinato da súa veciña.