CRTVG

Buscar

Asaltan varias vivendas en Cambre, algunhas con xente dentro

Publicado o 29/10/2019 14:32

Irromperon con descaro, encapuchados, no inicio da noite, arriscándose a seren descubertos, cando se preparaban para durmir un matrimonio con tres fillos menores. Así llo contou esta familia veciña a Camilo, a quen si lle roubaron ouro e xoias cando estaba fóra da casa.

Son xa varios os asaltos que se están producindo aos chalés dun polígono industrial de Cambre. Á Policía Xudicial estráñalle moito que entraran na vivenda coa familia no interior. O irmán maior case se enfronta aos ladróns, cando saían fuxindo.

Os residentes desta comarca de Cambre piden unha maior vixilancia e investigación para a banda dos ladróns de ouro.

Noticias web

29/10/2019