CRTVG

Buscar

Asaltan unha vivenda en Vilariño Frío, en Montederramo

Publicado o 27/12/2019 13:58
Asaltan unha vivenda en Vilariño Frío, en Montederramo

A casa asaltada está na localidade de Vilariño Frío, xusto ao pé da nacional 536, un lugar polo que circulan acotío centos de vehículos. Pero iso non parece que fora obstáculo para os ladróns, que entraron á vivenda pola mesma fachada da casa cando os propietarios estaban de viaxe. Coidan que foi de noite e aproveitando os días de temporal, cando todo o mundo estaba recollido nas súas casas.

Tampouco foi un problema para os ladróns o feito de que esta zona conte con presenza da Garda Civil de xeito habitual.

O dono da casa decatouse do roubo cando regresou a Vilariño despois duns días de vacacións. Os ladróns remexeron a vivenda e provocaron danos, pero só levaron cartos en efectivo. Barállase a posibilidade de que os delincuentes sexan xente da zona.

Noticias web

27/12/2019