CRTVG

Buscar

Asaltan unha administración de lotarías na Coruña

Publicado o 23/12/2019 14:01

Hoxe é día de moito movemento nas administracións de lotarías, toca pagar premios do sorteo do Nadal de onte. Non obstante, nesta da Coruña semella complicado, xa que de madrugada foi asaltada.

Para acceder ao interior, os ladróns botaron man da tapa dun sumidoiro, e con ela romperon o cristal da porta. O mesmo que fixeron hai seis meses, cando entraron a roubar tamén aqui, por vez primeira.

Para a loteira, o peor xa non é co que marcharon, senón os danos materiais que deixan

Por sorte, unha veciña espertou co barullo e puido ver aos presuntos ladróns fuxir co botín. A policía xa ten estas probas no seu poder e con elas xa hai unha persoa detida. O peor é que non é este o único negocio que foi asaltado nas últimas semanas nesta zona. 

Motivos máis que suficientes, din os veciños e comerciantes da zona, para demandar unha maior seguridade no barrio.

Noticias web

23/12/2019