Asaltan sete empresas na mesma noite no polígono industrial de Allariz

Os traballadores e os donos das sete empresas asaltadas no polígono industrial de Chorente, en Allariz, atoparon as portas forzadas e os cristais das ventás rebentados. Unha delas foi esta empresa de aluminio, onde contan con cámaras de seguridade, os ladróns trataron de desactivar a alarma e entraron evitando os sensores.
Provocaron, sobre todo, danos materiais en empresas de construción, madeiras e alimentacion. Roubaron material electrónico e algo de diñeiro, onde máis atoparon foi nesta cristalería onde tiñan os cartos dun grupo de amigos, uns 1.000 euros para apostas deportivas. Todo parece indicar que o obxectivo dos asaltadores eran os cartos.
Os valados metálicos tamén apareceron cortados. Preocupación entre os empresarios porque din que nunca tiveran tantos roubos nunha mesma noite.
A Garda Civil está a investigar estes roubos, buscan pistas que os leve ata os ladróns e para iso están a analizar as imaxes das camaras de seguridade instaladas nalgunhas empresas.