CRTVG

Buscar

Asaltan oito vivendas na noite de Samaín en Culleredo

Publicado o 01/11/2019 13:29

No exterior de moitas vivendas da Zapateira ainda quedan as pegadas dunha noite de festa. É tradición para os veciños celebrar a noite do medo e iso, foi o que aproveitaron os ladróns para volver actuar nesta zona.

Nesta ocasión foron oito as vivendas asaltadas en algo máis de dúas horas. Catro na urbanización Augas Mansas e outras catro na Vallesur, ambas as dúas no concello de Culleredo. Nun dos casos os propietarios sorprenderon os ladróns no seu interior.

As continuas ondas de roubos nesta zona deixan nos veciños unha situación de inseguridade. Teñen medo e reclaman máis medidas de vixilancia.

As urbanizacións da Zapateria repántense entre tres concellos polo que o labor das forzas de seguridade complícase. Por iso, desde a asociación de veciños van solicitar unha xuntanza co Delegado do Goberno para reclamar medidas que poñan fin estas continuas ondas de roubos.


 

Noticias web

01/11/2019