CRTVG

Buscar

Asaltan e agriden a Manuel Charlín e un fillo na casa

Publicado o 11/04/2018 21:04

• Un familiar encárase cos xornalistas ás portas da vivenda

Oubiña queda en liberdade despois de ser detido en Arousa

O arresto de Oubiña coincidiu no tempo co asalto e agresión sufrido no seu domicilio de Vilanova por outro histórico do narcotráfico. Manuel Charlín Gama e o seu fillo Melchor acabaron no hospital do Salnés. 

Manuel Charlín, de 85 anos, puido abandonar o hospital a primeira hora da tarde tras ser atendido polos golpes que sufriu na cabeza e nun costado. O seu fillo Melchor Charlín Pomares ten unha fenda na cabeza e segue en observación. Ás nove da maña asaltáronos na súa casa de Vilanova dous individuos encapuchados e armados cunha escopeta recortada. Os agredidos declararon que falaban con acento suramericano, din que pretendían roubalos e que fuxiron en coche cando eles deron a voz de alarma de que os estaban atacando.

A Garda Civil investiga os feitos e anda á procura dos asaltantes que, ao parecer no roubaron nada. Manuel e Melchor Charlín están pendentes dun novo xuízo por branqueo de capitais.

Varios membros da familia encaráronse cos xornalistas que cubrían a noticia nas portas da súa casa. Golpearon un fotógrafo e rompéronlle o micrófono e o teléfono móbil a unha reporteira.



Noticias web

11/04/2018