CRTVG

Buscar

Asaltan co método do buraco unha sucursal bancaria en Irún

Publicado o 25/03/2021 08:12
Asaltan co método do buraco unha sucursal bancaria en Irún

Roubo nunha sucursal bancaria en Irún. Foron os traballadores os que descubriron o asalto cando entraron a traballar contra as sete da mañá deste mércores. Había un furado na parede por onde se cre que entraron os ladróns.

A directora e outro empregado da oficina dixeron que viran unha persoa armada, polo que volveron saír á rúa. Durante toda a mañá de onte, axentes da Ertzaintza inspeccionaron os locais e ata unha vivenda dos arredores pero non deron atopado os asaltantes.


 

Noticias web

25/03/2021