As zonas termais seguen pechadas e non ven un horizonte de reapertura
As zonas termais de Ourense están pechadas e sen perspectivas polo menos a curto prazo, para a súa reapertura.
O motivo non é outro que a falta dunha normativa específica por parte do Ministerio de Sanidade, que aclare de que xeito se podería proceder á súa reapertura. Polo de agora só indica que non aconsellan pozas, remansos e leitos de auga doce para uso recreativo.
Balnearios como os de Laias, Lobios ou A Arnoia abrirán as súas instalacións progresivamente a mediados de xuño, confiando en que xa se permita o desprazamento entre provincias.
"A día de hoxe podemos abrir, pero como non está permitido o movemento entre provincias difícilmente se fan sostibles uns negocios hosteleiros e termais simplemente contando co público de aquí de Ourense", asegura Alberto Canal, director de comunicación de Caldaria.
O balneario de Outariz ten prevista a súa reapertura a finais desta semana, será con cita previa e extremando as medidas de seguridade.