CRTVG

Buscar

As zonas de montaña foron as máis afectadas polas treboadas na provincia de Lugo

Publicado o 14/06/2021 16:20

A sarabia chegaba con forza e en poucos minutos provocaba o caos en lugares como Baralla. Houbo asolagamentos e a estrada Nacional Sexta quedou cortada pola caída dunha árbore. Ademais, o forte vento provocaba estragos tamén nas terrazas dalgúns negocios.

Este concello e outras zonas da montaña foron os lugares máis afectados na provincia de Lugo por unhas treboadas que provocaron tamén o corte doutra estrada en Becerreá.

Pedrazo e vento tamén en varios concellos da Mariña. No Vicedo, por exemplo, os bombeiros tiveron que rescatar catro persoas que quedaran atrapadas nun ascensor por un corte na subministración eléctrica que durou preto dunha hora.

Noticias web

14/06/2021