CRTVG

Buscar

As webs dos comercios adiantan as rebaixas unhas horas

Publicado o 06/01/2021 22:41

Moitas tendas xa se adiantaron e podemos ver carteis con ofertas e descontos para reactivar as vendas. Aínda así, as grandes rebaixas arrancan mañá, sete de xaneiro. Iso fisicamente nas tendas, porque desde esta tarde xa podemos mercar con descontos desde as aplicacións e páxinas web dalgunhas grandes cadeas.

As rebaixas de xaneiro son as máis agardadas polos consumidores, pero este ano, marcado pola pandemia, está previsto que os galegos gastemos de media entre 40 e 60 euros menos ca o ano pasado.

Noticias web

06/01/2021