CRTVG

Buscar

As vítimas pola pandemia en Galicia aumentan a 2.610 tras faleceren dous homes

Publicado o 14/09/2021 20:14
As vítimas pola pandemia en Galicia aumentan a 2.610 tras faleceren dous homes
EUROPA PRESS

A Consellería de Sanidade notificou o falecemento de dúas persoas con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas elévase a 2.610 desde o inicio da pandemia.   

Unha desas defuncións produciuse o pasado 13 de setembro. Era un home de 82 anos, falecido no Povisa de Vigo. Padecía patoloxías previas.   

Este martes, 14 de setembro, perdía a vida un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Tamén sufría patoloxías previas. 

Noticias web

14/09/2021