CRTVG

Buscar

As vítimas do accidente de Angrois maniféstanse no Ministerio de Transportes

Publicado o 18/12/2020 14:52

As vítimas do accidente do Alvia en Angrois concentráronse este mediodía no Ministerio de Transportes e rexistraron a documentación necesaria para iniciar unha denuncia contra o Ministerio e a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.

Acúsanos de falta de independencia e incumprimento da normativa comunitaria e nacional. Acudirán aos tribunais, pero antes teñen que facer este trámite administrativo.

 

Noticias web

18/12/2020