As vítimas da pandemia en Galicia soben a 2.621 tras notificarse tres falecementos
Publicado o 20/09/2021 19:47

O Sergas notificou este luns o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas elévase a 2.621 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Os decesos son os dunha muller de 87 anos o pasado día 18 no CHUF, un home de 59 anos no CHUO na xornada do domingo e un varón de 93 anos na xornada de hoxe no Hospital do Barco de Valdeorras.
Segundo informa Saúde Pública, todas elas sufrían patoloxías previas.