CRTVG

Buscar

As vítimas da pandemia en Galicia chegan a 2.385 tras notificarse un novo falecido

Publicado o 27/04/2021 20:17
As vítimas da pandemia en Galicia chegan a 2.385 tras notificarse un novo falecido

Sanidade acaba de notificar o falecemento dunha muller que fora diagnosticada de coronavirus. Con ela, a cifra total de mortes que deixa a pandemia en Galicia chega a 2.385.

A muller tiña 97 anos. Faleceu na xornada de hoxe no CHUVI e, segundo confirma o Sergas, padecía patoloxías previas.